Documentais

Formato documental

O meu nome é Camba

A longametraxe documental O meu nome é Camba pretende narrar o percorrido vital e profesional dunha das figuras máis representativas do xornalismo do século XX: Julio Camba. Cronista de viaxes, columnista de opinión e escritor, a obra de Camba é valorada nos ámbitos académicos e literarios coma un referente do escritor de oficio e do intelectual achegado ós lectores.

Está producida por PRODUCTORA FARO S.A. O guión e a dirección corre a cargo de Alfonso Castaño e Emilio J. Fernández.
 
Ficha Técnica / Artística

Galician

A illa de don Didio

Documental sobre a illa de Ons, a súa historia e os seus habitantes. Trátase con especial énfase a historia da Don Didio Riobó, último propietario da illa, así como o abandono polos seus habitantes nos anos 70.

Galician

A Arañeira, Galicia en guerra

Documental de Eduardo Rolland baseado na súa obra homónima que conta as andanzas dos nazis nos tempos da Galicia do wolframio. O wolframio extraído das minas galegas, alimentou á poderosa industria bélica de Hitler

Galician
Subscribe to RSS - Documentais