Magazine

Boas Tardes

Un magazine de actualidade, presentado por Noelia Otero, que analiza a realidade informativa de Galicia, España e o Mundo, da man de expertos e xornalistas especializados. Un programa sempre a pé de rúa coas últimas novas, e con un equipo humano que achega cada día á audiencia as historias máis relevantes da xornada, sen esquecer o entretemento.

Galician

Quero falar coa xefa!

 
Quero  falar coa xefa! é un programa de entretemento sobre persoas con traballos singulares ou curiosos. Tamén sobre persoas con traballos máis comúns,  pero aos que elas saben poñerlle unha especial paixón. E todas están dispostas a abrirnos a trastenda do seu oficio e as facetas máis peculiares do seu  labor de cada día!

Galician

Larpeiros

Larpeiros é un programa de entretemento no que a cociña e os bós comedores ou ‘larpeiros’ son os protagonistas. Despois de trece temporadas segue sendo líder no prime-time dos mércores da Televisión de Galicia.

Galician

Actualizados

Actualizad@s é un docu-show semanal de 50 minutos de duración no que cada semana se amosa unha reportaxe sobre un tema de interese xeral. Actualizad@s desembarca onde está a noticia e amósaa en tódalas súas claves. Un novidoso formato no que cada semana se presenta un tema de actualidade a través da mirada coral de 2 reporteiros que están onde acontecen as cousas e amósanas tal e como son, achegando a súa mirada persoal.

Galician
Subscribe to RSS - Magazine