Actualizados

Actualizad@s é un docu-show semanal de 50 minutos de duración no que cada semana se amosa unha reportaxe sobre un tema de interese xeral. Actualizad@s desembarca onde está a noticia e amósaa en tódalas súas claves. Un novidoso formato no que cada semana se presenta un tema de actualidade a través da mirada coral de 2 reporteiros que están onde acontecen as cousas e amósanas tal e como son, achegando a súa mirada persoal. Actualizad@s amosa a idiosincrasia das aldeas, pobos e cidades galegas e as súas xentes, as súas tradicións, as vellas e novas maneiras de vivir, personalidades nunca vistas e escoitadas ata o de agora.