Bilete de volta

 
A pegada dos emigrantes sen voz
 
"Billete de Volta”, unha producción de Productora Faro para a TVG, é un espazo semanal de telerrealidade que mostra o apaixonante mundo da emigración, dende a óptica dos emigrantes galegos que puideron retornar a casa despois de toda unha vida fóra. Tamén é o retrato da peripecia vital de todos aqueles que viaxan polo mundo, como triunfadores ou como traballadores anónimos, coa certeza de que Galicia é a meta.
 
O espazo recupera historias apaixoantes, de superación en moitos casos, relatos de heroes anónimos e personaxes coñecidos que, por fin, teñen a oportunidade de contar a súa particular aventura na diáspora.