Descúbreme

Titulo Original: 
Descúbreme

Un programa que achega unha nova perspectiva de Galicia a través do humor, dos misterios e da utilización pioneira dun ‘octocótero’ un enxeño voador que, ó incorporar unha cámara HD, permite a gravación de imaxes aéreas espectaculares desde un punto de vista revolucionario.

‘Descúbreme’, dirixido polo realizador Carlos Alleres para Productora Faro, está presentado por Tomás Alonso, ben coñecido pola audiencia pola súa participación no popular programa gastronómico ‘Larpeiros’. Desta volta, Tomás interpreta ó personaxe de ‘Colombo’, un simpático descubridor que seguirá un xogo de pistas e misterios para atopar os tesouros de cada destino do programa.