Entre familias anda o xogo

Titulo Original: 
Entre familias anda o xogo

Comeza este domingo Entre Familias anda o Xogo na Televisión de Galicia, un concurso familiar aderezado cunha importante dose de show, música e humor presentado por Roberto Vilar, no que cada semana participan 3 parellas formadas por familias unidas por un vínculo directo e claras diferenzas interxeneracionais e no que a través de divertidas probas e retos, ademais de diñeiro, xogan por acadar un obxectivo, conseguir ese premio que desexan con tanta forza, ese premio que ten unha carga emocional moi significativa para algún

membro da súa familia ou para alguén moi afín a eles e que por un determinado motivo precisan ou lles fai moita ilusión, contribuíndo a reforzar aínda máis os seus vínculos familiares e os da súa contorna.

As parellas de familiares seleccionadas serán presentadas nun vídeo onde coñeceremos como son, os seus gustos, afeccións... e deberán superar un reto divertido pero comprometido para un deles, para varios deles ou mesmo para todos os membros da familia, antes de enfrontarse, á parella que participa en representación da mesma, ás probas que deberán desenvolver no plató.

As parellas terán que demostrar que están á altura superando cada unha das probas polas que pasan, un reto inicial, unhas probas de afinidade, unhas probas de compatibilidade e outras de habilidade, as cales nos permitirán amosar a súa capacidade de traballo en equipo e o seu coñecemento mutuo para, dese xeito, chegar acadar ademais de diñeiro, o seu Gran Premio Desexado.

 

O programa en Facebook

O programa en Twiter