Quero falar coa xefa!

 
Quero  falar coa xefa! é un programa de entretemento sobre persoas con traballos singulares ou curiosos. Tamén sobre persoas con traballos máis comúns,  pero aos que elas saben poñerlle unha especial paixón. E todas están dispostas a abrirnos a trastenda do seu oficio e as facetas máis peculiares do seu  labor de cada día!
Unha vendedora ambulante e unha directora de orquestra, unha patroa de embarcación e unha agricultora ecolóxica, xogadoras de rugby, músicos de folk ,  veterinarias, cociñeiras, deportistas de elite, gaiteiros, bailarinas, futbolistas...  xuntos nun programa para amosarnos que toman moi en  serio o seu traballo, pero non perden o sentido do humor.